DeportesÚltima hora

En marcha as obras para o traslado do Skatepark do Barco

A idea do Concello é, nun futuro, ampliar o parque infantil na antiga ubicación no Malecón, preto do campo da festa

 

No fondo do paseo do Malecón, xusto antes do río Mariñán. É a nova ubicación para Skatepark do Barco, cuxas obras para o traslado comezaban hai apenas catro días.

Tal como explica o concelleiro de Deportes, este cambio de ubicación responde a un problema de seguridade xa que na antiga ubicación, no campo da festa, estaba a carón dun parque infantil. “Os rapaces, xa maiores teñen unha actividade moi activa, valga a redundancia no skatepark e ao estar ao lado, os pequerrechos metíanse e ás veces había conflito resultando ata perigoso. De feito os usuarios habituais do skatepark queixábanse diso mesmo así que buscouse unha nova ubicación”, di Aurentino Alonso.

Con respecto ao novo parque para facer skate, a empresa que levará a cabo o traslado tamén reformará parte da instalación poñendoa a punto e dando como resultado unha estrutura algo máis grande que a anterior. “Non se vai utilizar todo o parterre (deixaremos unha parte por se no futuro hai que facer algunha ampliación ou outra cousa) pero si ocupa algo máis que o actual”, asegura Tino, adiantando que unha vez que se complete o traslado (esperan que poida estar nun par de meses como máximo aínda que coa situación sanitaria actual non poden aseguralo) o espazo no que estaba quedará libre aínda que a idea é, nun futuro, “ampliar o parque infantil”.

Fotos: Carlos G. Hervella

 

Artigos relacionados

Back to top button