ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

En marcha o dispositivo de vialidade invernal nas estradas galegas

A campaña, que se manterá ata o 30 de abril, presentábase na mañá do 17 de novembro nun acto celebrado na Gudiña

Os medios que se despregarán en Galicia ante situacións meteoroloxicamente adversas presentábanse na mañá do 17 de novembro na Gudiña. Este acto, que contaba coa presenza do delegado do Goberno en Galicia, Santiago Villanueva, tiña lugar tras a recente sinatura do Protocolo para a Coordinación de Actuacións de Vialidade Invernal. Nel establécense pautas de actuación para as organizacións destinadas a intervir “en caso de que se produzan situacións meteorolóxicas adversas que dificulten ou impidan niveis axeitados de servizo e seguridade vial na rede de estradas do Estado en Galicia e autopistas de peaxe de titularidade estatal”, tal e como se informa dende a Delegación do Goberno en Galicia.

Este protocolo tamén inclúe unha relación dos tramos máis conflitivos por neve ou xeo; dos lugares onde establecer preferentemente postos de control; áreas destinadas a estacionamiento temporal de vehículos e un directorio telefónico do personal e medios dispoñibles cuxos servizos poden ser requeridos por estas circunstancias.

O dispositivo especial desta campaña xa está operativo dende o 1 de novembro e manteares ata o mes de abril do vindeiro ano 2017. O operativo activarase a través da correspondente alerta emitida pola Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), e nel participan a Dirección Xeral de Tráfico (DGT), a Garda Civil de Tráfico, a Unidade de Protección Civil da Delegación do Goberno e a Demarcación de Estradas do Estado do Ministerio de Fomento. “Téñense en alerta todos os medios necesarios para atender as incidencias derivadas dunha situación climatolóxica adversa”, sinalaba o ourensán Santiago Villanueva. Asemade matizaba que “o máis importante é estar previdos para poder actuar eficazmente e da forma máis inmediata”.

No acto celebrado na Gudiña dábanse a coñecer os medios que se se utilizarán nos 2.489 kilómetros (521 na provincia de Ourense) da Rede de Estradas do Estado e das autopistas de peaxe de titularidade estatal na comunidade galega. Trátase de 90 camiones quitaneves, case 20.000 toneladas de sal acopiadas e unha capacidade de almacenamento de máis de 3.000 m3 en depósitos para salmuera. Con eles preténdese manter ao longo desta campaña un axeitado nivel de servizo das vías e garantir a seguridade dos usuarios e que a circulación sexa o máis cómoda e fluída posible en condicións meteorolóxicas adversas.

Na presentación desta campaña participaban ademais o subdelegado do Goberno en Ourense, Roberto Castro, e o xeneral da XV zona da Garda Civil, Ángel Alonso Miranda (de orixe valdeorresa), o xefe de Demarcación de Estradas do Estado en Galicia, Ángel González del Río, e o xefe do sector de tráfico de Galicia, Francisco Javier Molano.

Artigos relacionados

Back to top button