ConcellosQuirogaÚltima hora

En marcha o taller de pedra seca na alvariza de Bustelo (Quiroga)

A iniciativa enmárcase dentro dun plan de colaboración de Acción Cultural Española ao redor do Xacobeo no que tamén participa a Xunta e o Concello de Quiroga

 

Vén de iniciarse o taller de pedra seca e arte contemporáneo que se desenvolverá en Quiroga ata o día 29 de maio. Estase a desenvolver na alvariza de Bustelo de Fisteus dende o proxecto “Xacobeo. Ruta polos territorios do noso imaxinario”. A iniciativa enmárcase dentro dun plan de colaboración de Acción Cultural Española ao redor do Xacobeo no que tamén participa a Xunta e o Concello de Quiroga. Esta é a única actuación que se desenvolverá en Galicia dentro deste plan que se leva a cabo en oito comunidades autónomas.

Neste taller impartido por varios profesionais dá construción, poderanse aprender os fundamentos básicos da técnica construtiva en pedra seca. A realización do taller está coordinada por un experto en técnica seca e dúas persoas especializadas encargaranse do aprendizaxe dos dez participantes que van adquirir os coñecementos necesarios para desenvolverse nesta técnica.

As alvarizas construíanse coa técnica da pedra seca, polo que a intervención neste albar realizarase co máximo respecto cara as estruturas construtivas orixinais, restaurando as partes caídas co mesmo material da construción. Crearase unha superficie plana con lastras de lousa, semellante ás airas tradicionais e restauraranse seis bancais mantendo o seu tamaño.

O proxecto inclúe tamén a creación dunha obra de “arte contemporánea na paisaxe” da artista plástica Lucía Loren. A artista propón a creación dun espazo público, como entorno vital de aprendizaxe e colaboración, representado nunha peza escultórica inspirada nas alvarizas.
Ademais o proceso é activo e colaborativo, abrindo este proceso de creación á participación de asociacións e habitantes da zona, incluídos os centros educativos.

Fotos: Concello de Quiroga.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button