DeportesÚltima hora

En marcha os preparativos para cubrir a chegada á Rúa da Volta a España feminina

 

Mañá, xoves 2 de setembro, ás 10:30 horas, arrincará na Estación de Montaña Manzaneda, a edición 2021 da Ceratizit Challenge by La Vuelta ou o que é o mesmo a Volta a España, na que participarán 143 corredoras de 24 equipos de toda Europa.

A primeira etapa, cun total de 118 quilómetros polas terras de Trives e sobre todo Valdeorras, rematará en torno ás dúas da tarde en pleno centro da Rúa, na avenida Campo Grande, diante do Hotel Espada. E xusto nese punto, dende primeira hora desta tarde de martes, a RTVG, tanto a radio como a televisión, despregaban os seus equipos para cubrir este evento deportivo, facendo o seguementno de toda a ronda pero moi especialmente da meta e da entrega de trofeos á que asistirán, entre outros, o alcalde da Rúa, Álvaro Fernández e o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar.

Fotos: Mónica G. Bellver/ Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button