Galerías de fotosPolíticaÚltima hora

En Marea defende no Barco un “cambio real” para a sociedade

Esta formación daba un mitin na tarde do 8 de decembro no Teatro Lauro Olmo da vila valdeorresa

“Imos cambiar as prioridades das políticas e farémolo rescatando ás persoas, activando a economía e defendendo os nosos recursos”. Así o aseguraba o cabeza de lista por Ourense ás eleccións xerais de En Marea, David Bruzos, no mitín que se celebraba na tarde do 8 de decembro no Teatro Lauro Olmo do Barco.

Na súa intervención tamén explicaba a composición desta formación política, que une a tres partidos: Anova, Esquerda Unida e Podemos, así como a persoas que proceden de diferentes organizacións sindicais, culturais ou sociais. “Temos un obxectivo común que é deixar de soñar o mundo que queremos e construír ese mundo colectivamente”, aseguraba.

A súa intervención pechaba un mitin no que tamén interviñan o deputado de AGE, Juan Manuel Fajardo, quen reclamaba a necesidade de “recuperar a dignidade e devolver a alegría ao noso pobo”. De seguido, tomaba a palabra o seu compañeiro no Parlamento de Galicia e viceportavoz de AGE, Antón Sánchez, quen destacaba que “En Marea intenta encarnar a esa maioría que quere o cambio” e dáballe paso á barquense Carmela Docampo, número tres da lista desta organización política, para quen “votar a En Marea é votar un cambio real para esta sociedade”.

Neste mitin tamén participaba a número 2 por Ourense de En Marea, Sofía Díaz, quen incidía nesa idea de cambio e lembraba que ese proceso de cambio non é de agora, senón que comezaba a xestarse anos atrás, “máis alá do Nunca Máis, do NON á Guerra, co 15M e tamén nas eleccións municipais nas que as mareas conseguiron gobernar en tres cidades galegas…e a marea que vai cara o Parlamento español é o seguinte paso”.

Fotos: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Back to top button