PolíticaÚltima hora

En Marea “esixe medidas urxentes” para frear a praga da avespiña no castiñeiro

O deputado ourensán Davide Rodríguez foi o encargado de trasladar ao Pleno esta problemática
O deputado Davide Rodríguez de Manzaneda, no Pleno do Parlamento galego.

O deputado de En Marea Davide Rodríguez trasladaba hoxe ao Pleno, a problemática da praga da avespiña do castiñeiro, que está a ocasionar serios danos económicos na producción da castaña, e tamén sobre o patrimonio forestal dos soutos centenarios que hai na zona oriental de Galicia.

En Marea insta á Xunta a “informar a produtores, comercializadores, cooperativas e empresas sobre o estado do avance da avispiña nos seus territorios así como das medidas que está a implementar para frear a praga”. Tamén “esixe que se incremente a partida para a erradicación da praga, pois estase a observar que as medidas tomadas ata o de agora non foron suficientes” xa que esta praga pón en risco un sector no que Galicia encabeza a produción a nivel estatal.

Artigos relacionados

Back to top button