PolíticaÚltima hora

En Marea insta á Xunta a que elabore un inventario das explotacións afectadas pola colza da pataca

 

Davide Rodríguez e Paula Quintero.

En Marea propón que se faga un inventario das explotacións afectadas pola couza da pataca, con controis exhaustivos e avaliación de danos para reforzar a vixilancia da procedencia dos tubérculos e sementes. Estas dúas propostas da formación foron presentadas na mañá do 31 de marzo polos deputados Paula Quintero e Davide Rodríguez, nunha rolda de prensa no Espazo en Común de Ourense, na avenida das Burgas.

Nesta presentación, ambos deputados tamén cuestionaron a liña de axudas anunciadas pola Consellería de Medio Rural para indemnizar ás persoas afectadas.

O deputado pola provincia de Ourense, Davide Rodríguez dixo que dende en Marea “vemos insuficientes as axudas para os produtores dos 31 concellos afectados, xa que os 0,30 euros para a recollida da pataca e os 0,70 euros para a semente non compensan os danos causados”, sinalou. Segundo o deputado, a Xunta debería tamén contemplar indemnizacións por lucro cesantes, é dicir, o que deixa de gañar como consecuencia da prohibición de planar. Asemade, engadiu que tamén están “As perdas ocasionadas ás economías domésticas para autoconsumo”.

Pola súa banda, Paula Quintero denunciou a “covardía da Xunta ao non atallar o problema cando tan só había tres concellos afectados e sen valorar os danos económicos que isto podía causar”.

En Marea insta á administración a concretar as administracións a concretar as indemnizacións dos prazos de execución que o Real Decreto deixa no aire e a atopar medidas complementarias. Todo isto irá rexistrado nunha batería de iniciativas contra a praga no Parlamento de Galicia e no Congreso dos Deputados.

Artigos relacionados

Back to top button