ConcellosO BarcoÚltima hora

“En ningún caso hai certezas de que o transporte escolar sexa a causa do gromo do Barco”

Dende a dirección do CEIP Condesa de Fenosa vén de emitirse un comunicado a través das redes sociais

Publicidade
Patio do CEIP Condesa de Fenosa./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

Ante as información publicadas por certos medios de comunicación, a dirección do CEIP Condesa de Fenosa do Barco vén de emitir un comunicado a través das redes sociais nas que asegura que “en ningún caso hai certezas de que o transporte escolar sexa a causa do agromo do Barco. Os cribados realizados entre usuarios do transporte, e o global a todo o centro, fixéronse para establecer padróns que poidan axudar aos técnicos a atallar posibles contaxios, pero en ningún caso queren dicir que a causa sexan o colexio ou o transporte escolar”.

Así mesmo, dende o colexio destácase que “non se puido notificar a data do cribado xeral do centro, como si fixemos cando foi do cribado de transporte, xa que dende Sanidade non se nos deu esta información para podela trasladar. O noso esforzo centrouse en subministrar o máis axiña posíbel os datos do persoal e alumnado a Sanidade, que foi quen tomou todas as decisións do cribado, para que este se realizase o máis rápido que se poidese, xa que a nosa prioridade é a seguridade do noso alumnado”.

A dirección do centro tamén sente “non poder ter dado informacións previas ás familias pero non dubidedes de que seguimos traballando coa mesma intensidade que dende o comezo da pandemia polo benestar da nosa comunidade”.

Artigos relacionados

Back to top button