ConcellosÚltima hora

Comeza unha nova edición da ruta polo polo Camiño de Inverno dende o Bierzo

A primeira etapa Ponferrada-Borrenes será o 7 de outubro con saída ás 9h.
Peregrinos nunha das etapas polo Camiño de Inverno./ Foto: Miguel López.

Despois do éxito do ano pasado, cunha media de cen participantes por etapa, a Asociación Camino de Invierno a Santiago por El Bierzo, organizou unha nova edición da ruta de peregrinanción xacobea que entra en Galicia por Valdeorras, que dividiron en 12 etapas de entre 18 e 23 quilómetros cada unha.

A primeira, entre Ponferrada e Borrenes (21 km.) será o vindeiro 7 de outubro, con saída ás 9h. e remate ás 14h. con xantar previsto para as 14:30 e regreso ás 16h.

As inscricións están abertas ata o mércores día 3 de outubro ás 20h. e poden facerse en diferentes puntos da ruta. No Barco de Valdeorras, será en Perfumes Dejavu. Todos os participantes disporán dun coche de apoio e o prezo irá en función do contratado: 15 euros para o seguro, transporte e comida; e 10 euros só para o seguro e transporte.

 

Cartel da primeira etapa entre Ponferrada e Borrenes.

Artigos relacionados

Back to top button