ConcellosÚltima horaVídeos

En Rubiá tamén se manteñen fieis á cita cos aplausos das oito da tarde

Dende que comezou o confinamento, os veciños saen cada día ás fiestras a aplaudir e de paso conversar e escoitar música dende as casas

 

Dende que foi decretado o estado de alarma, moitos veciños das diferentes poboacións de España saen ás fiestras cada día ás oito da tarde para aplaudir durante un minuto, como homenaxe a sanitarios, corpos de seguridade e en xeral a toda a xente que loita activamente contra a propagación do coronavirus.

Un exemplo témolo en Rubiá na comarca de Valdeorras onde os veciños saen e aplaudir efusivamente e despois manter unha animada conversa dende as fiestras, con música incluída a través de altofalantes. É sen dúbida un dos momentos máis esperados do día, converténdose nun punto de encontro (a distancia), nesta excepcional situación na que nos atopamos, confinados para intentar facer fronte ao contaxio masivo de Covid-19.

 

Artigos relacionados

Back to top button