ConcellosEn portadaÚltima hora

En Valdeorras acadaranse os 40 graos coa vaga de calor que chegará a Galicia o 2 de agosto

Mapa de MeteoGalicia de previsión de temperaturas para o 2 de agosto.

Se se cumpren as previsións, o termómetro subirá, e moito en Galicia, a partir do 2 de agosto. Será nesa xornada cando chegará a anunciada masa de aire quente procedente do norte de África a esta comunidade, tal e como informa MeteoGalicia. Esta vaga de calor deixará máximas e mínimas con valores moi elevados.

Na provincia de Ourense haberá varias zonas nas que se acadarán os 40 graos, entre elas estará a comarca de Valdeorras, Verín e a cidade de Ourense, tal e como pode comprobarse neste mapa de temperaturas. Ante esta situación, dende o 112 Galicia recoméndase estar pendentes dos consellos polas altas temperaturas e evitar todo tipo de riscos forestais.

Artigos relacionados

Back to top button