CulturaCulturaGalerías de fotosÚltima hora

enBarcArte, onde a arte se palpa na rúa

Ata o vindeiro 30 de setembro sete instalacións artísticas achegan a creación máis emerxente a veciños e visitantes do Barco

Dende reloxos que marcan diferentes horas á vez na fachada e galería dunha antiga casa do centro do Barco, pasando por círculos de lousas na beira do Sil ata un pulpo xigantesco na praza Maior ou o mobiliario dun fogar aceso na praza do Concello.

Son algunhas das propostas coas que tres artistas (Clotilde Lajusticia e os valdeorreses Luis Enrique Rodríguez “Coquixo” e Jorge Barredo) e dous colectivos (Los Ratón e CalaveraClon) dialogan co espazo desta vila valdeorresa e interactúan co entorno e coa xente no marco do Iº Festival de Instalacións Artísticas no contexto urbano, enBarcArte, que se celebrará ata o vindeiro 30 de setembro.

Ademais pode verse unha selección de obras escultóricas do tamén valdeorrés Iván Prieto na praza de Abastos do Barco. O Festival inclúe ao mesmo tempo a exposición colectiva de arte contemporánea “Inter-relacións. Patróns de converxencia” na sala Abanca da vila coas otras de doce creadores (tanto artistas como colectivos) ata o vindeiro 30 de setembro.

Fotos da galería: Ángeles Rodríguez, agás a penúltima (Mónica G. Bellver) e a última (Jorge Barredo).

 

Unha das esculturas de Iván Prieto na praza de Abastos do Barco./ Foto: A.R.

 

O escultor valdeorrés Iván Prieto amosa a súa obra nesta céntrica praza xunto a postos de comida./ Foto: A.R.

Artigos relacionados

Back to top button