Galerías de fotosPolíticaÚltima hora

Encontro coa cidadanía en Ourense do ministro de Fomento e do secretario xeral dos socialistas,José Luis Ábalos

Neste acto tamén interviñan o secretario xeral e o presidente do PSdeG, Gonzalo Caballero e Xoaquín Leiceaga, respectivamente; así como a alcaldesa de Castro Caldelas, Sara Inés Vega, e a deputada provincial Elvira Lama

“Queremos dar resposta a unha sociedade que se sinte empoderada e que reclama uns dereitos. Nós estamos nas políticas, viñemos aquí para facer política e política da boa”, aseguraba José Luis Ábalos, ministro de Fomento e secretario de organización do PSOE, nun encontro coa cidadanía que se celebraba a noite do 3 de outubro no Centro Simeón, na cidade de Ourense. Nel aludía ao traballo que vén desenvolvendo o executivo de Pedro Sánchez nos tres meses que leva no goberno.

Ábalos pechaba un acto no que tamén interviñan a deputada provincial socialista Elvira Lama, quen poñía o foco nas vindeiras eleccións municipais, “temos que acadar moitas máis alcaldías, gobernar en máis cidades, e saír das municipais con pé e medio psoto en San Caetano”, seguida da alcaldesa de Castro Caldelas, Sara Inés Vega, que contaba a súa experiencia como rexedora dun concello do rural ourensán. “Gobernar unha vila pequena non é nada fácil, temos problemas comúns a outros pobos do rural como a despoboación, o envellecemento, a falta de comunicacións… e o finaciamento local, que chega tarde, mal e nunca, sen embargo competencias temos arreo”.

A continuación tomaba a palabra o presidente do PSdeG e voceiro parlamentario deste partido, Xoaquín Leiceaga, quen incidía en problemas como o da demografía en Galicia, xunto con outros como a emigración da xente moza, o emprego, a situación da sanidade e dos servizos sociais. Nesa liña incidía o secretario xeral dos socialistas galegos, Gonzalo Caballero, quen aseguraba que “estamos abrindo unha nova etapa política moi importante para o país, é esencial que se marque un cambio” e apelaba ao protagonismo que debe ter o partido socialista nela: “temos que recuperar a actividade política, a ilusión e a forza desta organización. Temos un novo escenario político e imos poñer fin ao goberno de Feijóo en Galicia, temos que traballar por un cambio de ciclo na vida política galega”.

Artigos relacionados

Back to top button