ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Encontro coral no Barco de Valdeorras

Tres corais participaron no concerto de primavera organizado polo Orfeón Valdeorrés no Teatro Lauro Olmo

Da Guarda, de Monforte de Lemos e de Valdeorras. Por ese orde. Tres foron as agrupaciós corais que na tarde do 7 de maio actuaban no Teatro Lauro Olmo do Barco de Valdeorras.

No marco do concerto de primavera organizado polo Orfeón Valdeorrés, os primeiros en subirse ao escenario eran os membros da Agrupación Polifónica de A Guarda que, dirixidos por Mari Silda Sánchez Lomba, interpretaron “Lévame”, “La nostalgia del mar”, “Huellas en la arena”, “Sombra del nublo”, e “Os grecos i os taberneiros”.

De seguido tocoulle o turno á Coral Polifónica do Concello de Monforte de Lemos baixo a dirección de Fernando Sanmartiño Pérez que interpretou “Panis Angelicus”, “O Rodaballo”, “No novo niño do vento”, “Cantata 147” e “Ojos de España”.

Como bos afitrións que son, os membros do Orfeón Valdeorrés foron os últimos en subir ao escenario dirixidos por José Ramón Mansilla para interpretar: “Lela”, “Melodías antillanas” e “Sinti”.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button