ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Encontro da Virxe co Resucitado, no Domingo de Pascua no Barco

Con este acto relixioso conclúe a Semana Santa nesta vila valdeorresa

O Porto da Barca era o punto de encontro entre as imaxes da Virxe, enloitada, e a do Resucitado. Ambas saían ás doce do mediodía do Domingo de Pascua da igrexa barquense de San Mauro. Mentres a procesión coa Virxe baixaba pola rúa Escura, a de Xesús Resucitado discorría por Marcelino Suárez e xiraba por Álvaro Cunqueiro, ata entrar de novo no casco antigo.

Ambas comitivas reencontrábanse a carón da praza Maior e era alí cando a Virxe perdía o seu manto negro e locía outro completamente branco. A partir de entón, ambas imaxes presidían unha procesión que continuaba ata a igrexa de Santa Rita, onde tiña lugar a misa de Resurrección. Con este culto pechábase a Semana Santa do Barco, que na noite do Sábado Santo celebraba xa a Vixilia Pascual, precedida pola procesión da Soidade.

Fotos: Ángeles Rodríguez.

Artigos relacionados

Back to top button