DeportesGalerías de fotosÚltima hora

Encontro das escolas de baloncesto do Mobles Victoria no Barco

Un cento de nenos e nenas das escolas de baloncesto do Mobles Victoria celebraban na mañá do 27 de maio un encontro no pavillón barquense de Calabagueiros. Había xogadores das categorías baby (6-7 anos), alevín e benxamín de Valdeorras, pero tamén doutras zonas próximas domo Quiroga e Ribas de Sil.

“O obxectivo era xuntarnos e ter unha xornada de convivencia, coincidindo case co remate das clases, entre os rapaces da mesma escola de básket xa que moitos non se coñecían entre eles”, explica José Luis Gómez, dende Mobles Victoria.

 

Artigos relacionados

Back to top button