OurenseÚltima hora

Encontro de AJE Ourense, en Celanova

Participantes no encontro de AJE Ourense en Celanova.
Participantes no encontro de AJE Ourense en Celanova.

 

O emprendemento innovador é unha das claves no futuro económico de Ourense e de Galicia. Así o destacaba o conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, durante o encontro de traballo mantido con representantes de AJE Ourense en Celanova. Encontros como éste, en palabras de Conde, “permiten compartir e coñecer as ideas e proxectos empresariais que fan de Ourense un elemento dinamizador da Comunidade”.

O presidente de AJE Ourense, Lois Babarro (segundo pola dereita), e o conselleiro de Economía, entre outra autoridades, no acto.
O presidente de AJE Ourense, Lois Babarro (segundo pola dereita), e o conselleiro de Economía, entre outra autoridades, no acto.AL

 

Ademais o conselleiro referíase de maneira directa á provincia, sinalando que, no que vai de ano, Ourense  suma máis de 200 novas empresas, “dato que reflicte o seu impulso emprendedor e que mellora en 12 puntos porcentuais o acadado nos cinco primeiros de 2014”. Asemade apuntaba durante o acto que estes e outros proxectos conforman unha xeración de emprendedores chamada a crear riqueza e emprego na provincia.

Artigos relacionados

Back to top button