EconomíaEconomíaGalerías de fotosÚltima hora

Encontro de blogueiros gastronómicos no marco da XVI Festa do Botelo do Barco

A xornada, previa á cita gastronómica, incluíu a visita á unha empresa cárnica e varias adegas así como unha degustación

Co obxectivo de seguir promocionando e dando a coñecer o botelo, facendo especial fincapé nas redes sociais, o Concello do Barco de Valdeorras promoveu un encontro de blogueiros e xornalistas gastronómicos, unha semana antes da XVI edición da Festa do Botelo.

Así, na mañá do 16 de xaneiro xuntábanse en Valdeorras os participantes na actividade chegados desde toda Galicia: Chus Nenalinda (blogueira do Barco co blog “Siguiendoanenalinda”; José Manuel García (de Santiago, do programa “Come e Fala” da Radio Galega que veu cos seus fillos); José Luis Oliveira (de Ourense, autor do blog “Los pequeños viajes y algo más”; Alberto Traversa (de Vigo, da revista gastronómica e turística “La Alacena roja”; Frenchy Oubiña (da Coruña, do blog e web “Galicia Mola”; e Paloma Fernández (de Cangas, do plog “La Epicureísta”).

Durante a mañá os blogueiros e xornalistas visitaron a industria cárnica García Marcos en Viana do Bolo (proveedora dos botelos para a festa), onde lles explicaron o proceso de elaboración e secado do produto, e tamén a adega Roandi. A desgustación do botelo cocido con cachelos, así como diferentes produtos da zona tiña lugar na Tapería Agarimo do Barco.

Despois de xantar, a xornada continuaba coas visitas á adega Godeval e á Cooperativa Xesús Nazareno. Na Festa tamén colabora a adega Eladio Santalla Paradelo.

Fotos: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Back to top button