ConcellosÚltima hora

Encontro de cesteiros en Allariz

A V edición celebrarase en Sta. Mariña de Augas Santas o 9 e 10 de agosto
Cartel do encontro de cesteiros de Allariz.
Cartel do encontro de cesteiros de Allariz.

Santa Maríña de Augas Santas (Allariz) acollerá a vindeira fin de semana, o V Encontro de Cesteiros. O Programa encetarase o sábado día 9 coa visita ás Excavacións Arqueolóxica e á Escola de Cestería en Castro de Armea (Monte do Señoriño).

Con todo, será o domingo día 10 de agosto cando se concentren a maioría de actividades. En horario de 11 a 13:30 e de 17 a 20h. haberá obradoiros, exposición e venda de cestas, e de 11:30 a 13:30h. obradoiro de cestería infantil e para adultos.

Ao longo da mañá haberá ambientación musical e en torno ás dúas da tarde comezará o xantar degustación de carne de boi. Para participar é preciso recoller os bonos-xantar na Casa da Cultura ou no Local Social da Asociación de Veciños de Santa Mariña de Augas Santas (prezo, 14 euros), antes do xoves 7 de agosto.

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button