En portadaGalerías de fotosTempo de EntroidosÚltima hora

Encontro de folións en Vilamartín

A chuvia impedía o desfile polo pobo, pero non que o toque dos folións se escoitase en Vilamartín. O pavillón polideportivo convertíase na tarde do 9 de xaneiro en escenario dun encontro de media ducia de folións de diferentes puntos do oriente ourensán promovido pola Asociación Folión Os Viticultores de Vilamartín.

Así na cita participaban, a parte do anfitrión, o de Penouta-Ramilo (Viana do Bolo), a Asociación Xuntos polo Fulión de Vilariño de Conso, o Folión da Veiga, o de Larouco e outro trivés formado por membros das asociacións A Caniceira e As Maceiras. Cada un deles comezaba dando unha ronda e, ao final, ian tocando, todos xuntos, os toques de cada zona.

Fotos: Carlos G. Hervella/ Ángeles Rodríguez

Artigos relacionados

Back to top button