CulturaCultura

Encontro de Poetas A Coroa, o 15 de marzo na Rúa

Esta adega da D.O. Valdeorras acollerá a VI edición do recital poético que xirará en torno á figura da muller
Público asistente á pasada edicion.
Público asistente á pasada edicion.
Unha das poetisas recitando versos, o pasado ano.
Unha das poetisas recitando versos, o pasado ano.

O sábado 15 de marzo a partires das 17h. a adega A Coroa ubicada na Rúa, acollerá o VI Encontro de Poetas, unha maridaxe entre o mundo do viño e da arte, que este ano xirará en torno á figura da muller, con poemas interpretados polas voces poéticas de Emma, Euloxio, Diana, Paco, Mª José, Alfonso, Rosa Mª, Nolím, Mar, Ramón Porto e Rosa.

Con este son seis anos os que se vén celebrando esta cita na que participan poetas chegados de varias zonas de Galicia (Ferrol, Vigo, Chantada, Ribeira Sacra, O Bierzo, O Barco e A Rúa) na Coroa, unha adega asentada sobre unha edificación de máis de 300 anos que conta cunha espectacular vista panorámica do val de A Rúa.

A velada estará amenizada polo grupo musical “O Trícole” con entrada libre e ademais do recital poético as instalacións acollerán unha exposición de obras da escultora Laura Duben.

Fotos: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button