OurenseÚltima hora

Encontro literario con Antón Riveiro Coello en Ourense

O autor da novela “Los elefantes de Sokúrov”, falará con lectores no bar El Cercano
Convite ao encontro dos lectores con Antón Riveiro en Ourense.
Convite ao encontro dos lectores con Antón Riveiro en Ourense.

O vindeiro xoves 18 de febreiro ás 20:15 horas, o escritor Antón Riveiro Coello manterá un encontro cos lectores no bar El Cercano (Cardenal Quevedo 20, baixo, Ourense) para falar da súa última novela “Los elefantes de Sokúrov”, nunha actividade organizada pola Editorial Galaxia, a libraría Eixo e o propio bar, e aberta a todo o público.

“Los elefantes de Sokúrov” é unha obra que conta a historia de Janis, quen na Compostela de 2012 se enfronta a un difícil presente, o da crise económica, ao tempo que sente a necesidade de coñecer o seu pasado, as razóns dunha existencia da que non albisca futuro. Riveiro Coello cédelles nesta novela a palabra aos personaxes para relatar unha historia de amor, suicidio, crise económica, creación, memoria e solidariedade.

Artigos relacionados

Back to top button