En portadaGalerías de fotosÚltima hora

Encontro moteiro invernal a máis de 1.500 metros de altitude

Fonte da Cova (Trevinca) acolle a concentración Motoxeada 2017

Buscando altitude, neve e bo ambiente, chegaban a Fonte da Cova, en Trevinca (Carballeda de Valdeorras) os moteiros que están a participar na Motoxeada 2017, o encontro invernal galego por excelencia.

Dende diferentes puntos da xeografía, uns chegaban xa na tarde do venres, 15 de decembro, pero a maioría facíao ao longo da xornada do sábado, acollendo con ledicia a neve caída nas últimas semanas que o frío destas noites axudará a manter.

Como en edicións anteriores, os asistentes á xuntanza moteira, organizada polo grupo moteiro Balas Rasas e a asociación Motoxeada, poden desfrutar dun completo programa de actividades que inclúe merendas, ceas e festas moteiras, rutas turísticas, sesións vermú e mesmo unha charla-coloquio sobre viaxes en moto ou fogos artificiais, sen esquecer a tradicional e ben acollida, degustación de porco ao espeto.

O evento remata mañá, domingo 17 de decembro, trala ruta, a sesión vermú e a entrega de agasallos e recordos desta edición.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button