CulturaCulturaGalerías de fotosMúsicaÚltima hora

Encontro musical en Viana da man da Coral Candea

Tiña lugar na tarde do 12 de agosto na Casa da Cultura da vila e formaba parte da programación das festas

A Casa da Cultura vianesa quedábase pequena para acoller a multitude persoas que asistían ao encontro musical que organizaba na tarde do 12 de agosto a Coral Candea desta vila. O acto, que presentaba Cristina Fernández, contaba coa presenza de catro agrupacións musicais diferentes.

Comezaba coa actuación dun coro de voces graves, formado polos integrantes masculinos da Coral Candea, que interpretaba “No niño novo do vento”, un poema de Álvaro Cunqueiro, con música de Luis Emilio Batallán. Logo subíase ao escenario o conxunto da Coral Candea que cantaba catro temas, entre eles pezas tradicionais galegas.

Tamén actuaba a banda infantil que tocaba tres pezas, entre eles “La Aurora”. Logo podía escoitarse ao grupo de folk galego Tómballe Outra, formado hai catro meses. O concerto pechábase cunha actuación conxunta da Banda de Música Candea e da coral, que executaban outras catro cancións.

Este concerto está incluído na programación das festas de Viana do Bolo, con diversos actos que continuarán ata o 16 de agosto.

Fotos: Carlos G. Hervella/ Cristina Fernández/ Javier Paz

Artigos relacionados

Back to top button