CulturaCulturaÚltima hora

Enigmas de medo, decoración de cabazas e festa na biblioteca para celebrar o Samaín no Barco

A festa infantil celebrarase o 30 de outubro e inclúe xogos, música, malabares e contos

A concelleira de Cultura do Barco, Margarida Pizcueta, na presentación do Samaín 2019. /Foto: Mónica G. Bellver.

 

Un ano máis a Concellaría de Cultura e Educación do Barco de Valdeorras pon en marcha as actividades para celebrar o Samaín o vindeiro 30 de outubro.

A primeira, dirixida ao alumnado da ESO, é un Concurso de Enigmas de Medo. Os participantes deberán presentar un pequeno misterio que a través de poucas pistas faga pensar e xogar buscando a resolución dun asasinato, desaparición ou acontecemento inquietante. É necesaria inscrición e a data límite para a pesentación dos escritos será o 29 de outubro na Biblioteca Florencio Delgado Gurrirarán. O premio para o gañador é entradas para o Parque Warner de Madrid.

A segunda actividade, prevista para o 26 de outubro, é un obradoiro de decoración de cabazas e nabos. Previa inscrición será de 11 a 13h. na biblioteca para nenos de entre 6 e 11 anos que deberán levar a cabeza, material de  decoración e mandilón.

E xa o 30 de outubro a partir das 18h. celebrarase a Festa de Medo da Biblioteca, con disfraces, xogos dirixidos por animadores, malabares, música, contos e a resolución do Concurso de Enigmas e os xogos cos mellores.

Na presentación do programa, a concelleira de Cultura Margarida Pizcueta convidou aos nenos a participar. “Que veñan máis nenos e menos maiores porque os pequenos desfrutan máis sen os pais”, dixo.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close