En portadaÚltima hora

Enogastronomía e música contra o calor, no casco vello do Barco

 

A parte máis antiga da vila do Barco está a celebrar nesta fin de semana cunha notable participación a “IV Festa do Casco Vello”, cun completo programa que inclúe propostas enogastronómicas, música e mesmo maxia, complementadas coa I Feira de Artesanía do Porto da Barca-rúa Real.

 

 

Tras o pregón da noite do venres, a apertura das casetas con petiscos e bebidas na praza Maior e do dobre concerto da man de Maskarpone e Los Rastreros, na tarde e noite do sábado comezaba outra concorrida sesión na que se subían ao escenario The Funkles, seguidos de The Tetas Van.

 

 

A música volverá á zona vella do Barco enste domingo cunha sesión vermú a cargo de Club Riviera, pola tarde haberá maxia co Mago Teto e unha nova actuación de Club Riviera.

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button