CulturaCulturaGalerías de fotosÚltima hora

Enrique Rodríguez Sotelo presenta na Rúa o seu segundo libro

“Fontei, historia de un pueblo” está editado por A Pena d’Agua Edicións

Dende a Idade Antiga ata a chegada de Roma, dos suevos á reconquista, do século XV á francesada, e así ata chegar ao século XX. Da chegada do ferrocarril, á construción da Igrexa, do encoro do Sil ás festas e celebracións populares. En algo máis de 170 páginas, Enrique Rodríguez Sotelo “Fiscol” plasma o devir da súa benquerida vila natal, a través da historia (primeira parte) e tamén das vivencias por carrúas e carreiros con ata seis rutas (segunda parte).

“Fontei, historia de un pueblo” é o segundo libro deste veciño de Fontei que, na tarde-noite do 14 de xuño, era presentado no adro da Igrexa Nosa Señora de Fátima, diante de numeroso público. Veciños, amigos e compañeiros de Enrique, quixeron ser testemuños do evento cultural “un dos actos máis importantes que pode haber nun pobo”, en palabras de José Antonio Casal Nova, da Casa Grande de Fontei, que acompaño ao autor na mesa. Tamén estiveron Asunción Arias, da editorial A Pena d’Agua Edicións e o periodista, Jesús Manuel García Diaz que fixo a reseña da obra literaria.

O acto contou co acompañamento musical do grupo de gaitas local Trenla e dun aperitivo para todos os asistentes.

Máis información na vindeira edición en papel do Periódico O Sil.
Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button