OurenseÚltima hora

Entra en vigor a suspensión das taxas pola ocupación de veladores na vía pública na cidade de Ourense

O Boletín Oficial da Provincia de Ourense publica hoxe a modificación da Ordenanza Fiscal reguladora das taxas polo aproveitamento do dominio público

 

O Boletín Oficial da Provincia de Ourense publica hoxe a modificación da Ordenanza Fiscal reguladora das taxas polo aproveitamento especial ou utilización privativa do dominio público local.

Dita modificación, que será efectiva dende o día seguinte á súa publicación, engade unha disposición adicional que establece que “durante os anos 2020 a 2022 suspéndese a aplicación e a esixencia das tarifas establecidas pola ocupación da vía pública con mesas, cadeiras e tribunas”

Ao tempo, indica que se “procederá a anulación das liquidacións aprobadas e a devolución dos ingresos correspondentes aos ditos períodos impositivos”.

Para o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, a publicación desta modificación “é unha boa noticia para o sector da hostalería”, o que supón unha axuda a este sector profesional.

Estas tarifas volverán ser de aplicación a partir do 1 de xaneiro de 2023.

Pode consultarse o BOP aquí: 112

Artigos relacionados

Back to top button