As entradas para o xantar do Botelo poranse á venda o día 16 de xaneiro

O Concello do Barco aumenta o número de entradas ata as 1.150 e limita a compra a 20 por persoa

Botelo con verduras, patacas, chourizos e viño./ Foto: Carlos G. Hervella.

O luns día 16 de xaneiro ás 17 horas  poranse á venda, na billeteira do Teatro Lauro Olmo, as entradas para o xantar do XVII Festa do Botelo . Así o notifican dende o Concello do Barco de Valdeorras, adiantando que este ano como novidade haberá 200 entradas máis á venda e tamén se limitará a compra por persoa.  “Para intentar cubrir a demanda crecente de asistencia, increméntase o número de entradas ata chegar ás 1.150 (950 á venda no 2016) e cada comprador só poderá adquirir 20 entradas”, din. O prezo mantense nos 15 euros/persoa.

Por outra banda, dende hoxe, mércores 11 de xaneiro, están á venda as entradas para asistir ao espectáculo “Menú da Noite” do actor Carlos Blanco e o debuxante Luís Davila (pregoeiros desta edición da festa) o día 22 no Teatro Lauro Olmo. As 250 entradas están dispoñibles na tenda Ton y Son e o día do espectáculo, unha hora antes da actuación, na billeteira do teatro. A actuación comezará ás 19 horas e a entrada custa 10 euros.

 

Cartaz do espectáculo “Menú da noite”.

Scroll To Top

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies