DeportesGalerías de fotosÚltima hora

Entre a natureza e a cultura na IV ruta de sendeirismo familiar do verán en Trives

Máis de 50 persoas participaron na andaina con visita ao mosteiro de Sobrado

Continúan as actividades de verán na Pobra de Trives, desta volta cunha combinación entre deporte, natureza e cultura. Un grupo de máis de 50 perdoas de todas as idades participaban na IV ruta de sendeirismo familiar que se celebraba na mañá do 7 de agosto.

Antes das nove e media grandes e pequenos achegábase ata Sobrado para comezar o percorrido, adentrándose entre soutos de castiñeiros. Compartindo parte da ruta co concello de Manzaneda, tras cruzar o río San Lázaro a comitiva chegaba ata o castiñeiro de Pombairiños, en Rozavales. E xa no centro da vila, os camiñantes puderon coñecer algo máis da súa historia e pasado medieval pasenado polas empedradas rúas.

Con máis de media ruta feita seguiron descendendo ata o río San Lázaro, para regresar ao concello da Pobra de Trives, chegando, trala última pendente, ao punto de partida en Sobrado. Alí tiña lugar o broche da ruta: a visita ao mosteiro do século XII con Ana García Earley, profesora de historia e arte, como guía por esta parte do patrimonio cultural trivés.

A ruta contou como cada martes, co acompañamento de Protección Civil de Trives.

Fotos: Concello da Pobra de Trives.

Artigos relacionados

Back to top button