EconomíaEconomíaGalerías de fotosÚltima hora

Entre abellas e colmeas, en Valdín

Esta localidade veiguesa acollía o 31 de maio unha xornada sobre cooperativismo apícola

Ao redor do mundo da apicultura xiraba a xornada que tiña lugar ao longo do 31 de maio en Valdín (A Veiga). Nela realizábanse prácticas propias da primavera en relación coa actividade apícola. Así abordáronse cuestións como o asentamento do apiario (factores a ter en conta, flora melífera do entorno), revisión de colmeas (control de enfermidades e reservas alimenticias), control de raíñas e división de colmeas (os distintos métodos).

Nesta acción formativa, que tiña unha duración de seis horas durante a mañá e outras tres na sesión da tarde, contábase coa presenza de Gonzalo Calvo, veterinario da Asociación Galega de Apicultores (AGA). A iniciativa foi promovida dende a Oficina de Fomento Cooperativo Macizo Central-Trevinca, co apoio da Dirección Xeral de Traballo e Economía Social e co financiamento do Fondo Social Europeo.

Artigos relacionados

Back to top button