Centos de persoas dábanse cita na tarde-noite do sábado 16 de agosto na localidade de Oval (Rubiá) para participar na sexta edición da Convivencia nas Adegas. A ruta abríase a partires das sete e media da tarde e nela podían percorrerse unhas 14 adegas nas que, tras mercar unha entrada con forma de cunca, podía degustarse viño branco e tinto, acompañado de diversos e abondosos pinchos. Asemade a música animaba dende o primeiro momento a festa coa actuación dun grupo de música tradicional de Manzaneda e xa, a última hora, para rematar a celebración soaban os ritmos dunha discoteca móbil.
Fotos: Mónica G. Bellver