CulturaCulturaGalerías de fotosMúsicaÚltima hora

Entre galaicos e romanos, en Margaride

Esta localidade quiroguesa celebraba o 13 de agosto a VI Festa do Ouro

Cunha misa en latín abríanse o 13 de agosto os actos da VI Festa do Ouro de Margaride. Logo as rúas deste pobo quirogués convertíanse en escenario dun amplo desfile de galaicos e romanos con diversas paradas nas adegas para degustar viño e algúns aperitivos ao ritmo da música.

A partires das dúas comezaba o xantar no campamento romano e no oppidum galaico, ambos situados ao pé das Covas do Medo, restos da explotación aurífera realizada polo Imperio nestas terras. O programa incluía asemade diversos actos culturais como a presentación da novela “A boca do monte”, unha exposición de fotografías de Felipe Castro sobre patrimonio natural e etnográfico da Pobra de Brollón, xogos, música e baile, entre outros.

Esta VI Festa do Ouro, que atraía a numerosas persoas para desfrutar desta xornada histórica en Margaride, ten sido organizada pola Asociación de Veciños de Margaride en colaboración con amigos desta entidade.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button