EconomíaEconomíaÚltima hora

Entre catas, visitas a viñedos e degustacións, na D.O. Monterrei

Nesta fin de semana continúan desenvolvéndose as actividades do programa para conmemorar a Feira do Viño de Monterrei

 

Continúa despregándose nesta fin de semana o abano de actos para lembrar á Feira do Viño de Monterrei con catas e visitas guiadas. Así esta mañá comenzaban as “Catas verticais de anadas da D.O. Monterrei. O potencial de garda” e o Tren Turístico da Ruta do Viño Monterrei. Ambas actividades contaban coa asistencia da presidenta do Consello Regulador da Denominación de Orixe Monterrei, Lara Da Silva.

No caso da Ruta do Viño Monterrei, os participantes ademais de visitar o Castelo de Monterrei, formaron parte dunha pequena actividade promocional realizada por Natalia González, técnica de promoción do Consello Regulador. Na mesma recibiron información sobre a historia e tradición vitivinícola de Monterrei, características edafoclimáticas, variedades de uva ou tipoloxía de viños, entre outras cuestións.

Ademais, acompañados pola presidenta da D.O. e da Asociación Ruta do Viño Monterrei, degustaron os viños que se elaboran na denominación, e coñeceron o viñedo experimental que o Inorde ten en Monterrei. Esta actividade estivo organizada por Turismo de Galicia coa colaboración de Inorde, D.O. Monterrei e Asociación Ruta do Viño Monterrei.

Fotos cedidas.

Máis información e fotos:
https://osil.info/conecendo-o-potencial-de-envellecemento-dos-vinos-da-d-o-monterrei/

Artigos relacionados

Back to top button