ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Entre combates de gladiadores

Montefurado vén de celebrar a súa III Festa Romana

Por terceiro ano consecutivo, Montefurado (Quiroga) vén de revivir o seu pasado imperial, cuxas pegadas permanecen aínda moi vivas na súa paisaxe. Na fin de semana do 16 e 17 de agosto celebraba a súa Festa Romana cun programa que incluía ademais de demostracións de bateo (no pobo e no río) a cargo da Asociación de Buscadores de Oro Enrique Sanfiz Fernández de Navelgas (Asturias), unha conferencia sobre a historia deste pobo e a súa vinculación co ouro, así como unha multitudinaria cea romana que remaba con combates de gladiadores, entre outras propostas.

Esta celebración vén de ser organizada, un ano máis, polo Grupo de Reconstrución Histórica Caetra Lucensium
.
Fotos: Carlos G. Hervella
Máis información na vindeira edición en papel do Periódico O Sil

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close