En portadaGalerías de fotosÚltima hora

Entre deliciosos doces e artesanía, no 3º Mercadiño de Rubiá

Está instalado na Casa da Cultura desta localidade e poderá visitarse nesta fin de semana de 1 e 2 de decembro

Con chocolate con churros e café son recibidas as persoas que se achegan polo “3º Mercadiño Navideño” de Rubiá, instalado na Casa da Cultura desta localidade. Esta mostra, que estará aberta ao público nesta fin de semana do 1 e 2 de decembro (en horario de 12:30h. a 14h. e de 16:30h. a 20h.), ofrece multitude de propostas de cara aos agasallos do vindeiro Nadal.

Nela poden visitarse unha ducia de postos entre os que sobresae o do CEIP Plurilingüe Virxe do Camiño de Rubiá, no que poden mercarse doces e diversos e orixinais adornos navideños elaborados no centro. O recaudado neste mercadiño destinarase á excursión de fin de curso dos seus alumnos.

Nela hai tamén postos de produtos tradicionais como mel, doces, empanadas, pan, artesanía en pedra, coiro e la, manualidades… Boa parte dos expositores son valdeorreses pero tamén os hai doutras zonas próximas como Vilariño de Conso e mesmo da comarca do Bierzo, xa en León, segundo indica a concelleira Laura Iglesias.

Ademais, o domingo día 2 ás 19h. procederase á entrega de premios do concurso de fotografía “Rubiá Outono sen filtros” e sortearase unha cesta con produtos do mercadiño entre as persoas que realizaron as súas compras nel. Este acto será tamén a clausura do mercadiño e nel haberá chocolate con churros para todos os asistentes.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button