CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

Entre historias cantadas, xogos e humor con “Mar adiante! Filipa cos contos”, en Trives

A Biblioteca trivesa acollerá o 27 de outubro ás 17h. este espectáculo de Bandullo Azul dirixido a nenos de entre 4 e 12 anos
Imaxe deste espectáculo de contos cantados.

Comparten escenario o actor Fran Campos e a súa amiga Filipa. E fano para achegar ao público unha divertida proposta para os máis novos (nenos entre 4 e 12 anos), titulada “Mar adiante! Filipa cos contos”. Este espectáculo de Bandullo Azul, que bota man da narración oral, a teatralización, o xogo e a música recalará o vindeiro 27 de outubro en Trives. A partires das 17h. poderá verse na Biblioteca Municipal desta vila.

Con esta iniciativa a Biblioteca Municipal tenta “dinamizar a lectura a través de actividades coma ésta, compostas por música, teatro e danza, e onde a protagonista é a homenaxeada este ano coas Letras Galegas, Mª Victoria Moreno, e o seu libro Mar adiante”.

Artigos relacionados

Back to top button