Galerías de fotosÚltima hora

Entre leóns e paxaros, na Biblioteca de Verín

Unha vintena de nenos e nenas de entre 3 e 9 anos asistían na tarde do 4 de maio na Bibliteoca de Verín a unha actividade de manualidades e contacontos titulada “O León e o Paxaro”. Esta proposta lúdica e de animación á lectura estaba baseada na obra homónima de Marianne Dubuc, “que foi o mellor álbum ilustrado infantil no 2015 polo Gremio de Libreiros, emana sensibilidade, clasificado na nosa Biblioteca na sección de educar nas emocións”, indican dende esta infraestrutura cultural.

Nesta actividade os cativos realizaban unha serie de manualidades con materiais reciclados e relacionados coa temática do citado libro, seguidas dun contacontos. Esta proposta ten sido coordinada por nenos/as voluntarios/as, de entre 9 e 17 anos, e persoal da Biblioteca Pública Municipal de Verín.

Fotos: Biblioteca Municipal de Verín.

Artigos relacionados

Back to top button