ConcellosÚltima hora

Entre maio e xuño, festas en Rubiá

Esta localidade celebrará a Ascensión do 29 de maio ao 1 de xuño con actos relixiosos, orquestras e actividades infantís

Rubiaprocesión

A Ascensión, que conmemora o ascenso de Cristo ao ceo en presenza dos seus discípulos, é outra das festas cristiás cuxa data varía en función da Semana Santa celebrándose corenta días despois do Domingo de Resurreción. Unha celebración que no concello valdeorrés de Rubiá se vive con especial devoción e forza, centrada nas figuras da Virxe do Camiño, da Inmaculada e de San Isidro e que este ano desenvolveranse do 29 de maio ao 1 de xuño cun importante apartado relixioso, pero tamén lúdico e cultural.

Un ano máis, o traslado da imaxe da Virxe do Camiño, patroa do pobo, dende a capela na que se conserva durante o ano ata a igrexa parroquial de Rubiá, previsto para o domingo 18 de maio ás 17h, marcará o comezo relixioso destas festas que continuarán o martes 20 de maio coa novena, tódolos días ás cinco da tarde.

O programa comezará de forma oficial o xoves 29 de maio ás 12h. coa misa solemne concelebrada da Ascención do Señor, seguida pola procesión coa Virxe, de regreso á capela na que é custodiada durante todo o ano. A comitiva irá acompañada por unha charanga.
Ese día a Casa da Cultura acollerá diferentes xogos de consola para os máis xoves do municipio e pola tarde, a atención estará centrada na praza da Baicela ata onde se achegará a orquestra da Televisión, a primeira das tres que tocarán nas festas de Rubiá, en sesión de tarde e verbena.

A xornada do día seguinte, venres 30 de maio arrancará de novo cun acto relixioso, nesta ocasión a procesión coa Inmaculada dende a igrexa parroquial ata a Aira de Outeiro, prevista para as 12:30h. seguida da misa solemne.

Ese día os nenos tamén terán o seu momento no obradoiro de maquillaxe e xogos a partires das 18:30h. O apartado musical correrá a cargo da discoteca móbil Berna, encargada de facer bailar aos asistentes en sesión de tarde e verbena, ata altas horas da madrugada.

Os festexos continuarán o sábado 31 de maio coa proxección dun filme infantil na Casa da Cultura. Ese día o baile correrá por conta da orquestra Foliada.

Texto: Mónica G. Bellver Foto: Carlos G. Hervella
(Máis información na edición en papel de maio do Periódico O Sil).

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button