En portadaÚltima hora

Entre os oito centros educativos ourensáns afectados pola neve están os de Trives, A Veiga e Sobradelo

Un total de 26 alumnos víronse afectados, se ben non se suspenderon as clases en ningún centro

 

O branco manto que envolve a montaña da provincia de Ourense neste 14 de novembro causaba algunhas incidencias en cuestións como á asistencia as clases dalgúns alumnos. Así, segundo informa a Xunta de Galicia, un total de 8 centros educativos da provincia víronse afectados, se ben non se suspenderon as clases en ningún deles.

Trátase do CPI Tomás Terrón Mendaña de Sobradelo (Carballeda de Valdeorras) con tres alumnos afectados, o CEIP Eduaro Ávila Bustillo da Veiga con 3 alumnos afectados, o IES Xermán Ancochea de Trives con cinco alumnos afectados, o CPI Virxe dos Remedios de Castro Caldelas con un, o IES García Barbón de Verín con un, o IES Aquis Querquennis (8) e o CPI Xoaquín Lorenzo (4) de Bande e o IES de Allariz con 1.

No caso da provincia de Lugo os centros afectados son 18, dos cales en 15 suspendéronse as clases e víronse afectados 841 alumnos, segundo a información da Xunta de Galicia.

Foto: Carlos G. Hervella.

 

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close