En portadaGalerías de fotos

Entre panxoliñas, co Orfeón Valdeorrés e a Banda de Música do Barco

O público abarrotaba a igrexa barquense de Santa Rita para asistir ao concerto de Nadal destas dúas agrupacións musicais

Co público en pé, cantando e batendo palmas ao ritmo de “Campana sobre campana” finalizaba o tradicional concerto de Nadal que organizan cada ano o Orfeón Valdeorrés e a Banda de Música do Barco. Tiña lugar nunha abarrotada igrexa de Santa Rita na tarde do 19 de decembro.

O concerto iniciábase co Orfeón Valdeorrés que, dirixido por José Ramón Mansilla, que cantaba oito panxoliñas, entre elas “Heaven”, “A Belén vinde pastores” e “Noche de Paz”. De seguido, saían os membros da Banda de Música do Barco que baixo a batuta de Manuel Prada Ramos tocaban pezas de pasodobre como “Amparito Roca” e “Fiesta en la Caleta” e outros temas como “No llores por mí Argentina” e varias bandas sonoras de cine.

Finalmente, de forma conxunto co orfeón, soaban outras tres panxoliñas, entre elas “Blanca Navidad”, “Campana sobre campana”, “Arre borriquito” e “Feliz Navidad”. Case ao final do concerto, a concelleira de Cultura, Margarida Pizcueta, aproveitaba para felicitar o Nadal aos barquenses.

Artigos relacionados

Back to top button