EconomíaEconomíaÚltima hora

Entre Ríos (Arxentina) será a sede de Termatalia 2020

A resolución dábase a coñecer esta mañá en Expourense, nun acto que contou coa asistencia do conselleiro de Cultura Román Rodríguez

O conselleiro de Cultura Román Rodríguez (centro) no acto desta mañá en Termatalia.

 

A provincia arxentina de Entre Ríos será a sede de Termatalia 2020. A resolución dábase a coñecer nesta mañá de 20 de setembro, no marco da 19ª edición da Feira Internacional de Turismo Termal, Saúde e Benestar, que se celebra en Expourense, nun acto que contou entre outros coa asistencia do conselleiro de Cultura Román Rodríguez e do presidente da Deputación, Manuel Baltar, quen destacou a importancia de Entre Ríos no ámbito do termalismo e os “estreitos e importantes lazos que unen a Ourense con Arxentina”.

Entre Ríos é a provincia arxentina que acumula maior cantidade de augas termais, con quince centros de termalismo que promoven o turismo de saúde, relax e benestar, distribuídos en trece localidades, unha relevancia que o presidente do goberno provincial uniu “ás moitas vinculacións históricas, culturais e sociais que temos con Arxentina e á infinidade de razóns que nos unen”, citando entre elas que a nai de José de San Martín, Gregoria Matorras, morreu en Ourense en 1813, onde está soterrada.

 

Román Rodríguez durante a súa intervención.

 

“É unha honra entregar hoxe a bandeira de Termatalia a Entre Ríos”, destacou Baltar, agradecendo “a toda a delegación desta provincia arxentina que estivese compartindo con nós, a dez mil quilómetros de distancia da súa terra, estas xornadas de traballo e promoción termal en Ourense, no ámbito de Termatalia. A nosa provincia e Expourense achegarán o apoio e o coñecemento para que Termatalia 2020 sexa un éxito, como ten acontecido nas anteriores edicións. Parabéns desde esta provincia termal á outra provincia termal, e unha mensaxe fraterna de cooperación en algo que nos une, entre outras moitas cousas, como é o termalismo”, expresou Manuel Baltar.

 

Artigos relacionados

Back to top button