Entre viñedos e lagares, na II Ruta de sendeirismo familiar en Trives

Será un traxecto duns 9 km ata Penalonga e que está previsto para o 17 de xullo

Imaxe dunhas das paraxes que poderá verse no percorrido desta ruta./ Foto: Concello de Trives.

Tras percorrer os Sequeiros, o Concello de Trives propón, dentro do seu programa de verán, unha nova ruta de sendeirismo familiar de cara ao vindeiro martes 17 de xullo. “Camiñaremos cara Penalonga, aproximadamente 9 kilómetros (de dificultade baixa) entre viñedos, lagares, mesturando paisaxe e historia, con “lagares rupestres” e mesmo unha inscrición que nos levará ata o medievo”, adiantan dende o Concello de Trives. A saída está fixada para as 9 da mañá dende a Praza do Concello.

“Dende a Concellería de Turismo do Concello ofertamos estas rutas guiadas, de dificultade baixa, todos os martes dos meses de xullo e agosto co fin de dar a coñecer as nosas paisaxes e o patrimonio que nos rodea intentando chegar ao maior número de xente posible”, explican dende o Concello trivés.

Scroll To Top

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies