EconomíaEconomíaGalerías de fotosÚltima hora

“Entredos”, un novo concepto de mercería, na Rúa

O establecemento comercial vén de abrir as portas na rúa Miguel de Cervantes

Todo tipo de lá, fíos e botóns, pero tamén abalorios do máis sorprendente así como roupa interior e de casa para os máis pequenos. Son só algúns dos moitos artigos que podemos atopar en “Entredos” un novo establecemento comercial que abría as portas na tarde do 21 de decembro na rúa Miguel de Cervantes de A Rúa.

Moito máis que unha mercería ao uso, “Entredos” está orientada á creatividade, de feito “chámase mercería creativa”, explica unha das responsables. Natalia Alonso e Alexandra Abelaira puxeron en marcha este negocio especializado na customizaxe e nas manualidades de todo tipo de prendas. “Facémola nós pero tamén vendemos o material necesario para poder facelo en casa como pompóns, cintas con apliques, strass, plumas, botóns moi variados, así como todo tipo de abelorios, con termoadhesivo para poder aplicalo mediante a plancha, ou cosido”. Ademais, tamén teñen servizo de maquillaxe a cargo da propia Natalia, maquilladora profesional.

Decorado en tons pastel que dan calidez ao espazo distribuído en dúas alturas, todo o traballo foi realizado polas dúas socias, dende as obras ata a decoración e a venda, tendo asemade previsto un apartado formativo. Tal como elas mesmas explican, na parte de abaixo está o comercio en si e na de arriba darán cursos: “de pintura en tea, gancho, costura, manualidades para nenos,… Todo enfocado cara á creatividade”, insiste Alexandra.

Fotos: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Back to top button