ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Entrega de composteiros aos veciños de Trives

Os beneficiarios asistiron a unha charla sobre o uso destes depósitos e como facer compost natural

O concelleiro de Medio Ambiente da Pobra de Trives Domingo Diéguez, entregaba na tarde do 2 de decemebro, os composteiros que proporciona a Deputación de Ourense para a elaboración de compostaxe doméstica a un total de 13 veciños do municipio.

Durante a sesión tivo lugar unha charla coloquio sobre o uso dos composteiros e os materiais que se poden empregar para facer compost natural.

O éxito desta campaña queda demostrado co elevado número de solicitudes que sobrepasaron a dispoñibilidade, polo que o Concello asegura que ten unha lista de espera para entregar os composteiros pendentes.

Fotos cedidas polo Concello de A Pobra de Trives.

Artigos relacionados

Back to top button