Entrega de diplomas aos colaboradores da REMER en Ourense

O acto foi presidido polo Subdelegado do Goberno e tiña lugar o 24 de febreiro

 

O subdelegado do Goberno en Ourense, na súa intervención no acto.

O subdelegado do Goberno en Ourense, na súa intervención no acto.

O  salón do Trono da Subdelegación do Goberno en Ourense convertíase na mañá do 24 de febreiro en escenario da entrega de diplomas concedidos pola Dirección Xeral de Protección Civil e Emerxencias, do Ministerio de Interior, a colaboradores da Rede Radio de Emerxencia (REMER). Estas distincións outórganse a colaboradores que durante 15 anos ou máis exerceron de voluntarios.

 

Un dos momentos da entrega de diplomas.

Un dos momentos da entrega de diplomas.

O acto foi presidido polo subdelegado do Goberno en Ourense, Roberto Castro, e nel participaron diversas autoridades civís e militares. Na súa intervención, Castro resaltou que,  “dende a óptica de servizo público e como mecanismo de aviso, axuda e coordinación ante una situación de emerxencia, a radio é un mecanismo importante e fundamental, por iso, a Subdelegación do Goberno en Ourense quere render unha homenaxe e un sincero recoñecemento aos voluntarios de radio aficionados, que conforman o proxecto que se coñece na actualidade como a Rede Radio de Emerxencia de Protección Civil (REMER) e na que están integrados varios miles de radio aficionados colaboradores, encadrados e estruturados permanentemente baixo un plan de actuación denominado Plan Mercurio”.

 

Os colaboradores distinguidos coas autoridades asistentes ao acto.

Os colaboradores distinguidos coas autoridades asistentes ao acto.

Scroll To Top

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies