ConcellosÚltima hora

Entrega de diplomas do obradoiro “Bosques de Trevinca-Macizo Central”

O acto de clausura tiña lugar no Concello da Veiga na mañá do 20 de febreiro
Acto de clausura do programa de emprego emprego “Bosques de Trevinca-Macizo Central”.
Acto de clausura do programa de emprego emprego “Bosques de Trevinca-Macizo Central”.

Os 20 alumnos do obradoiro de emprego “Bosques de Trevinca-Macizo Central” recibían na mañá do 20 de febreiro os seus diplomas nun acto de clausura celebrado na Casa do Concello da Veiga. Este programa mixto de formación e emprego agrupaba aos concellos da Veiga, O Bolo e Viana do Bolo e tiña unha duración de seis meses. Neste programa a Consellería de Traballo e Benestar ten investido 177.000 euros.

Os participantes teñen compaxinado ao longo deste obradoiro unha formación teórico-práctica de xardinería e albanelería co desenvolvemento dun traballo remunerado. Así os 14 alumnos que escolleron o módulo de xardinería e os 6 que optaron pola disciplina de albanelería realizaron traballos de recuperación de infraestruturas e zonas verdes. En Viana do Bolo acondicionaron os parques infantís das zonas de As Carrelas e O Ferradal, e doutras zonas verdes municipais, e recuperaron os espazos axardinados do campo de fútbol, da gardería e do colexio.

No caso do concello do Bolo desenvolvéronse labores de axardinamento con especies autóctonas na praza dos Navallos de Celavente e na praza de Valdanta, ademais da restauración dun edificio en Chao do Castro e da fachada da antiga escola de Valbuxán, e a ampliación dunha ponte. Por último, no concello da Veiga, o alumnado deste obradoiro de emprego traballou no lugar de O Coiñedo no axardinamento de espazos públicos e na recuperación de camiños tradicionais.

O acto de clausura deste programa mixto de formación contaba coa presenza do delegado da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, así como do xefe territorial de Traballo e Benestar, José Selas, e dos alcaldes da Veiga, Edesio Yáñez, e de Viana do Bolo, Andrés Montesinos.

Artigos relacionados

Back to top button