ConcellosÚltima hora

Entrega de diplomas do programa Clara, en Allariz

Unhas 20 mulleres teñen participado nos cursos desta acción formativa neste concello ourensán
Un dos momentos do acto de entrega.
Un dos momentos do acto de entrega.

As participantes nos módulos específicos do Programa Clara recollían na mañá do 12 de maio os seus diplomas no salón de plenos do Concello de Allariz.  En concreto, eran un grupo de 20 mulleres recollían os diplomas pertencentes as dúas ramas elixidas. Por un banda, o “Curso de patronaxe con montaxe de prendas” e, pola outra, o “Curso de deseño de productos turísticos”, ambos elixidos tendo en conta a motivación das alumnas, as necesidades de Allariz e os posibles nichos de emprego. A última fase do programa basease na busca activa de emprego e autoemprego e o seu acompañamento, rematando a fase formativa en setembro.

 

As participantes no programa Clara, tras a entrega de diplomas co rexedor alaricano.
As participantes no programa Clara, tras a entrega de diplomas co rexedor alaricano.

 

Este programa  (organizado entre o Concello de Allariz, o Instituto de la Mujer e o Fondo Social Europeo) ten como obxectivos fundamentais “incrementar a empregabilidade das mulleres e mellorar as súas expectativas e a súa calidade de vida a través do seu desenvolvemento persoal así como mellorar a súa cualificación para o emprego”, segundo se informa dende o Concello de Allariz.
 

 

 

 

 

Artigos relacionados

Back to top button