ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Entrega de diplomas e visita guiada como broche da xornada do Enbhiga en Trives

 

A primeira e intensa xornada do IV Encontro Bioceánico Hispánico de Gastronomía (Enbhiga) na provincia o 15 de outubro concluía pola noite en Trives. Tras asistir e participar no Hostal Restaurante A Viuda en elaboracións tradicionais desta zona, como a súa bica, os chefs, tour operadores e xornalistas especializados en gastronomía desta caravana degustaban diversos produtos de Valdeorras e Trives, como viños, embutidos e doces.

Seguidamente, en nome da organización do encontro (en mans de Cociña Ourense, representado polo seu presidente Miguel González, e do chef Anxo Trives), facía entrega dunha serie de diplomas ás empresas e produtores da zona participantes nos actos, así como aos chefs e demais membros da caravana, así como a Anxo Trives, como coordinador nos actos desta xornada inicial, á súa mai Clara e á súa irmá María polo seu apoio neste proxecto.

O programa completábase, xa de noite, cunha visita guiada polo casco antigo trivés, visitando os lugares máis emblemáticos da vila da man de Ana García Early: as prazas do Pilón e do Reloxo, os edificios do marquesado e do Casino… Ata chegar á praza do Concello, onde os asistentes subíanse ao autobús para descansar en diversos establecementos da comarca trivesa.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button