EconomíaEconomíaÚltima hora

Entrega de diplomas no Barco do curso de operacións auxiliares de revestimentos continuos en construción

Esta acción formativa estaba organizado por Cogami e Inserta, da Fundación Once, coa colaboración do Concello

 

O salón de plenos do Concello Vello do Barco acollía na mañá do 14 de novembro o acto de entrega dos diplomas a unha parte dos asistentes ao curso de operacións auxiliares de revestimentos continuos en construción, desenvolvido no Barco. Esta acción formativa estaba organizado por Cogami e Inserta, da Fundación Once, coa colaboración do Concello.

Na entrega dos premios contábase coa asistencia do alcalde do Barco, Alfredo García, do vicepresidente de Cogami, Ramón Sestao, Mauricio Balvis,de Inserta, Fundación Once, e Paco Abuin, responsable de Formación de Cogami.

 

 

Este curso, cunha duración de 450 horas, impartíase entre os meses de xaneiro e xuño deste ano, e foi realizado por once persoas, das que cinco xa están traballando nestes momentos. A formación incluía unha parte teórica, pero era fundamentalmente práctico, realizándose multitude de traballos no municipio.

Durante a entrega dos diplomas, tanto o alcalde do Barco, Alfredo García, como os responsables de Cogami e Fundación Once destacaron a importancia da formación para todos, pero especialmente para colectivos especialmente vulnerables.

Fotos: Concello do Barco.

Artigos relacionados

Back to top button